DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como cada ano, a Praza do Campo da Escola en Insua, Viñas, púxose de gala para celebrar o Día das Letras Galegas; un día no que Carlos Casares, escritor elixido pola Real Academia Galega, foi recordado e homenaxeado.

O seu perfil humano, o escritor, o académico, o político; unha das grandes figuras das últimas décadas do século XX que participou activamente na vida cultural e política da nosa Comunidade, estivo presente nun Día tan importante para Galicia.

En cada edición, o Día das Letras Galegas, ven congregando a gran cantidade de persoas que acoden para compartir con orgullo uns importantes momentos da nosa cultura.

O acto, que o Alcalde de Paderne, César Longo, abriu recordando a Carlos Casares, contou tamén coa intervención do concelleiro de Educación, Xuventude e Deporte que leu un resumo da vida e obra do autor.

Completouse a xornada coa actuación da Escola de Gaitas San Pantaleón facendo vibrar a todos con unha magnífica interpretación de pezas populares galegas, así como coas voces do orfeón Alcoa-Inespal.

Unha vez rematado houbo tempo para disfrutar todos xuntos de uns pinchos acompañados por un viño de Paderne.

© 2013 Concello de Paderne