DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O Concello de Paderne, despois do parón imposto polas medidas sanitarias derivadas da Covid-19, volveu a celebrar as Letras Galegas na Praza do Campo da Escola, en Insua, Viñas.

Nesta ocasión, a figura elixida pola Real Academia Galega era Florencio Delgado Gurriagán, poeta nacido no ano 1903 en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, Lugo.

O acto dou comezo ás 12:00 h cunhas palabras de benvida do Alcalde coas que recordou a figura do poeta resaltando a importancia da lingua para a identidade de tódolos galegos; unha figura que, tal e como recordou César Longo, por motivos ideolóxicos, tivo que realizar a súa obra desde o exilio.

O Tenente-Alcalde realizou unha breve lectura sobre a vida e obra do homenaxeado e, para rematar, a coral Alcoa-Inespal cantou unhas pezas tradicionais de música galega rematando con Himno da nosa Comunidade.

Ao finalizar o programa de actos, e a pesar do pouco que axudou o tempo nesta xornada, o Alcalde puido comprobar o moito que os veciños desexaban volver a participar nun día tan querido para todos na praza de Insua despois de dous anos sen celebración.