DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello de Paderne volve a convocar ós veciños para que acudan á Praza do Campo da Escola, en Insua, Viñas, a celebrar novamente esta festa da cultura na nosa Comunidade.

Un día grande para todos no que debemos participar orgullosos de ir coñecendo un pouco máis ás persoas que destacaron no panorama literario e que, en definitiva, axudaron a cimentar as nosas raíces, enriquecendo a cultura galega.

Nesta edición, Mª Victoria Moreno Márquez (1939 – 2005), é a escritora elixida pola Real Academia Galega.

Esta escritora española de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, naceu en Cáceres. Licenciouse en filoloxía románica na Universidade de Madrid. Tras dous anos en Lugo e unha tempada en Sanxenxo, chegou a Pontevedra en 1963 con praza de profesora e logo catedrática.

A súa fascinación desde moi nova por Galicia e pola lingua, provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do galego.

O Alcalde dirixirase ós presentes recordando, tanto a importancia do día como á escritora que este ano nos toca recordar nas Letras Galegas. Uns pinchos con viño de Paderne veñen a rematar o acto cultural e de confraternidade entre tódolos veciños.