DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Achégase maio e con el a celebración do “Día das Letras Galegas”. En esta edición, será o escritor Carlos Casares (Ourense 1944 – Nigrán 2002) quen centrará a xornada por ser o elixido pola Real Academia Galega.

Foi unha das grandes figuras das últimas décadas do Século XX; catedrático, académico e deputado, participou activamente na vida cultural e política da nosa Comunidade.

Comprometido co seu país e coa súa lingua, foi un dos asinantes do manifesto “Realidade galega” que tiña como fin conseguir o Estatuto de Galicia.

Participou nas listas do PSOE e foi membro do primeiro Parlamento Galego en 1981.

Redactou, xunto a Ramón Piñeiro, a Lei de Normalización Lingüística e foi impulsor do “Consello da Cultura Galega”.

En Paderne os actos para celebrar este día grande da cultura galega van a ter lugar o 17 de maio na Praza do Campo da Escola en Insua, Viñas.

A celebración dará comezo ás 12:00 h coa actuación da Escola de Gaitas San Pantaleón; o Alcalde recordará a importancia de esta data para tódolos galegos e tamén recordará a Carlos Casares escritor e a Carlos Casares home comprometido. A coral Alcoa Inespal completará o programa de actos tralo que os presentes compartirán un pincho con viño de Paderne.