DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo conmemoramos o “Día da Muller Traballadora” cun acto ás 20:00 h na Casa Consistorial.

Queremos recordar e solidarizarnos ca loita que, non fai moito tempo, tiveron que realizar algunhas mulleres en pro da igualdade de oportunidades, pola igualdade de trato e reivindicando os seus dereitos como persoa.

Invitámosvos a unirvos a este acto en recordo da valentía que no seu día demostraron todas elas.