CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CONCELLO DE PADERNE

Como acto reivindicativo do papel da muller na sociedade, da igualdade e non discriminación en razón do sexo, celebrouse no Concello de Paderne o Día da Muller este pasado 8 de marzo.
O Alcalde, que estivo presidindo o acto, fixo unha introdución ao mesmo recordando o papel que tivo que asumir a muller a través dos tempos, a súa loita para acadar unha equiparación real que, aínda nestes tempos, non se da en tódolos sectores da nosa sociedade.
A lectura do Manifesto deu paso á representación da obra “Sempre Rosalía” en homenaxe a un dos maiores exponentes da cultura do noso país e orgullo de tódolos galegos e galegas.
Para este acto completáronse as prazas limitadas pola situación sanitaria.