DÍA DA MULLER
Celebrarémolo o vindeiro día 12 de marzo ás 20:00 h cun acto nas dependencias do Centro de Maiores ó que están invitadas tódalas persoas do Concello.
Realizarase un repaso ó papel da muller ó longo do tempo ata os nosos días e despois visualizaremos algunha das proxeccións gañadoras do I Concurso de Proxectos Audiovisuais Vidas Mariñeiras convocado polo Galp Golfo Ártabro Norte do que o Alcalde é Vicepresidente.
Os que desexen asistir poden realizar a súa reserva ata o día 8 de marzo.