DÍA DA MULLER
Nas dependencias do Centro de Maiores de Paderne, realizouse un acto conmemorativo do Día da Muller que pretendía destacar a importancia do respecto á dignidade das persoas máis alá da súa condición, defendendo a participación das mulleres en condicións de igualdade cos homes e do pleno respecto dos dereitos da persoa.
Os dereitos da muller son, hoxe en día, elementos centrais dos esforzos que as distintas Administracións realizan para facer fronte ós desafíos sociais, económicos e políticos en todo o mundo.
Presidido polo Alcalde que destacou a importancia dos logros adquiridos, nel estivo acompañado polo Concelleiro de Benestar Social e dúas mulleres en representación de tódalas mulleres do Concello, completou o aforo do salón do Centro de Maiores coa asistencia de 90 persoas.