DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Foi o pasado día 12 de marzo.
O Alcalde e o Concelleiro de Benestar Social, ademais de ler o manifesto do Concello de Paderne, destacaron o importante papel da muller na sociedade e a súa contribución en moitos dos logros acadados.
Completouse o acto coa proxección da curtametraxe “Marea de Mulleres” dando paso a un interesante coloquio no que participaron a maioría dos asistentes.