DÍA DA ÁRBORE
Os pequeniños das Escolas de Educación Infantil de Paderne, foron os protagonistas do “Día da Árbore” que o Concello celebrou o pasado 27 de marzo.
Coa plantación de carballos e castaños doados pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que o Alcalde é Vicepresidente, quíxose facer partícipes os nenos e nenas con este xesto de coidado e respecto pola natureza cultivando así uns valores moi importantes na súa educación e formación.
Os parques de Fernando Sueiro e O Telleiro foron os eixes centrais desta mañá na que todos disfrutaron fóra do recinto escolar participando do acto de plantación destas especies autóctonas que forman parte da paisaxe galega.