DESINFECCIÓN DOS CONTEDORES

Tal e como se anunciou estes días pasados, estase a proceder á desinfección dos contedores do lixo por medio de desinfectante hipoclorito específico para a loita contra o coronavirus.

Está a realizala o Concello a través da súa empresa de limpeza desde o día 24 de marzo.

As datas fixadas para novas desinfeccións, ademais do día de hoxe 27 de abril,  son as seguintes:

30 de abril

7 de maio

Representa unha das medidas de loita contra a pandemia e de protección da poboación complementaria de outras que xa se están a realizar desde o comezo do estado de alerta.

O Concello de Paderne seguirá informando ós seus veciños de todo o relativo a esta situación así como das medidas que se vaian adoptando.