DESINFECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE

Ademais da desinfección que o Concello realiza a través da súa empresa de limpeza das zonas de paso exteriores do Centro de Saúde, a Xunta de Galicia, en Convenio coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), procedeu á desinfección interior destas instalación nas pasadas datas:

  • 26 de marzo
  • 9 de abril
  • 13 de abril

Todo elo co fin de protexer ó máximo ás persoas que precisan acudir ó mesmo, así como ó persoal sanitario e administrativo que ofrece os servizos nestas instalacións.