DESBROCE DE CAMIÑOS

Unha vez comezada a Fase 1, trala declaración do estado de alerta polo COVID-19, o Concello de Paderne vai a dar comezo ás labores de desbroce de camiños e vías municipais propiciando o acceso máis seguro para os núcleos de poboación e vivendas.

Ademais destas labores de desbroce, non debemos esquecer a función de prevención na loita contra os incendios forestais e o importante deber de mantemento que, por lei, cada propietario debe realizar nas súas parcelas.