POLIDEPORTIVO MUNICIPAL Situado na parroquia de Viñas, trátase dun polideportivo cuberto. Cunha superficie cuberta de 1380 m2 , conta con gradas, vestiarios, servicio de cafetería e dotación para a práctica de varios deportes. Teléfono: 981 783127

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

PISCINA Situada no Adro, na parroquia de Velouzás cunha superficie de parcela de 2.130 m2 e unha superficie cuberta de 225 m2 distribuída entre vestiarios, cafetería e sala de reanimación e primeiros auxilios. Está aberta ó público no verán e nela realízanse cursos diversos.

PISCINA

PISTAS POLIDEPORTIVAS DESCUBERTAS O Concello de Paderne conta con diversas instalacións deportivas de uso público para tódolos seus veciños. Campo de fútbol e pista polideportiva descuberta en O Telleiro, Paderne. A superficie da parcela é de 5.000 m2 e a superficie da pista deportiva é de 4.937 m2 con instalacións para vestiarios.

Cóntase tamén cunha pista descuberta (terreo de xogo) na parroquia de Vigo que ten unha superficie de 896 m2 que se complementa cun parque público

© 2013 Concello de Paderne