CURSO NO ESPAZO COWORKING DE SOUTO

Estase a desenvolver durante os días 12, 15 e 16 de novembro no espazo coworking de Souto.
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, leva a cabo esta formación sobre a xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica.
O Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, inaugurou a formación. Agradeceu aos participantes esta elección para a súa formación como camiño para lograr un mellor desempeño da súa actividade e salientou as oportunidades que ofrece o campo para o desenvolvemento económico do territorio.
Os contidos da actividade xiran sobre os conceptos esenciais para a xestión dunha explotación, como o plan empresarial, a análise dos custes ou as ferramentas de contabilidade, tratando ademais estratexias para mellorar ingresos e reducir custes, con propostas prácticas para unha mellor economía das explotacións.