CURSOS DE GOLF

O Club de Golf Paderne segue organizando clases de Golf para tódalas idades no seu campo situado en Velouzás. De cara ós cursos de verán, que comezarán en xuño, o clube ofrece descontos do 50% para tódalas persoas empadroadas no Concello de Paderne.

Hai grupos para tódalas idades e niveis, incluídos cursos de iniciación para calquera que queira achegarse por primeira vez a este deporte.

Con esta iniciativa, o clube quere dar a coñecer este deporte ante o gran público. O golf é un deporte moi saudable, que se practica ó aite libre e facilita as relación socia nun entorno tranquilo rodeado de natureza.

Moi recomendable tanto para persoas maiores como para nenos a partires de 6 anos, pois activa as funcións psicomotrices.

O Club de Golf Paderne está situado en Chedas, na parroquia de Velouzás. O que desexe maior información pode contactar en www.golfpaderne.com.

Por outra banda, o Concello vai a asinar un convenio de colaboración con este Clube a fin de facilitarlles a práctica deste saudable deporte a tódolos rapaces de Paderne contribuíndo así a que as familias non teñan que realizar un desembolso excesivo para que os seus fillos o practiquen.

© 2013 Concello de Paderne