SOLICITUDE DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE EN SOCORRISMO

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:

  • AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)
  • AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias (informarase da modalidade de quenda mañá/tarde segundo sexa zona Santiago ou zona Ferrol) e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas física de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións.

Descarga a documentación:

 

© 2013 Concello de Paderne