O Festival Atlántica trae a Paderne os contos de Celso Sanmartín

  • A función será o domingo, 4 de xullo, a partir das 20:30 horas na praza de San Xulián de Vigo
  • O espectáculo, dirixido ao público adulto, terá entrada libre ata completar o aforo permitido

Na súa novena edición, o festival Atlántica recalará por primeira vez no Concello de Paderne cun espectáculo de Celso F. Sanmartín o vindeiro domingo, 4 de xullo ás 20.30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo permitido. 
Conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Concello de Paderne e da Asociación Entroido Samede que amosará pantallas e máscaras ao público asistente.
Celso Fernández Sanmartín é un poeta e contacontos galego. O seu repertorio está composto por historias e memorias vencelladas á tradición oral galega e tamén á europea, que presenta como un verdadeiro tesouro nos seus espectáculos, cheos de coidado, sentido e paixón pola oralidade, a comunicación e a lingua.
Teranse en conta tódalas medidas COVID necesarias para poder disfrutar da representación coa maior seguridade.