CRUCEIRO DE A PICOTA

       

Situado na praza do lugar de A Picota na parroquia de San Xulián de Vigo.

       

A plataforma está composta por tres gradas cuadrangulares, a alta de   bordes bocelados. O pedestal de orden toscazo, caras enmarcadas,   garganta ou rañura cóncava no seu perímetro.

       

A columna iniciada cun amplo cadrado, pasa logo a ochavada por biselado de aristas e remata de novo cuadrangular.

       
       

O capitel iniciado da forma da columna, remate alto de esquema xónico con decoración de querubíns alados e volutas.

       

A cruz ten paos octogonais por rebaixe de arestas con extremos florenzados.

       

No anverso ten un Cristo   crucificado baixo pergamiño de INRI, talla ampla de formas sinxelas,   cabeza levantada, ampla melena, mans abertas, pernas flexionadas, pano   anudado á dereita. No reverso, virxe con mans xuntas na oración, labra   de pouco detalle, vestida con manto, túnica e unha especie de mandil.

       

Obra moi completa, datada no S.XVIII e en perfecto estado de conservación. Emprazamento chamativo, destacado e seguro.

          

© 2013 Concello de Paderne