Cruceiro de San Mamede ou da Hermida

Situado no camiño próximo á hermida de San Mamede, parroquia de San Xulián de Vigo.

Non ten plataforma, está colocado sobre o muro exterior dunha vivenda.

O pedestal ten forma prismática, cara alta redondeada. A columna ten sección octogonal, iniciada e rematada de forma cadrada. O capitel iniciado da forma da columna con remate alto de sobresaíntes molduras rectas.

A cruz ten paos octogonais por rebaixe de aristas con extremos florenzados.

No anverso ten un Cristo crucificado baixo pergamiño de INRI, talla de formas sinxelas, cabeza levantada, mans case abertas, pernas flexionadas, pano anudado á dereita.

No reverso está a Virxe das Dolores en actitude orante, cuberta de manto. Está colocada sobre unha peana redondeada.

© 2013 Concello de Paderne