CRUCEIRO DE A ESFARRAPA

Situado na estrada de Paderne a Irixoa no cruce de A Esfarrapa, parroquia de Santiago de Adragonte.

Ten dúas amplas gradas de forma cuadrangular.O pedestal ten forma prismática, caras lisas, amplo remate de moldura de bocel. A columna é de curta altura, sección cadrada-octogonal-cadrada

O capitel é de estilo neoclásico, iniciado da forma da columna con remate de sobresaíntes molduras rectas.

A cruz ten forma grega, sección octogonal, extremos florenzados e espida de imaxes. Obra moderna e en bo estado.

© 2013 Concello de Paderne