XORNADA COWORKING EN OLOT, GERONA
O Alcalde de Paderne, César Longo, participou na xornada “Coworking: unha oportunidade para o desenvolvemento territorial e social” que se desenvolveu este 31 de xaneiro en Olot, Gerona.
Dita xornada, ten como obxectivo dar a coñecer o coworking como unha fórmula innovadora de traballo e como ferramenta útil para contribuír a dinamizar a economía das zonas rurais. O concepto coworking para o ámbito rural, supón a introdución dunha dinámica moi innovadora que César Longo quere implantar na antiga escola de Souto. Este centro de traballo compartido, para o que está a recoller información en diversos puntos de Cataluña, forma parte dun proxecto que inclúe a posta en marcha dunha incubadora de empresas, coas que se espera, xerar impacto social en Paderne e repercusión territorial na comarca.
Nunha sociedade cada vez máis cambiante, é de gran importancia buscar fórmulas que posibiliten novas maneiras de traballar, novas oportunidades ocupacionais e económicas para as persoas do ámbito rural interconectando ós profesionais de diferentes sectores, polo que o Alcalde de Paderne está a buscar a mellor maneira de achegar este tipo de ideas para facer do Concello un lugar dinámico, innovador e atractivo para os seus habitantes.