CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE MIÑO PARA A VALORIZACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Con data de 24 de febreiro, os alcaldes de Miño e Paderne asinaron un Convenio de colaboración para a solicitude de subvención ó Golfo Ártabro Norte para o “Proxecto de estudos técnicos para a valorización medio ambiental e o desenvolvemento local sustentable dos corredores verdes dos estuarios dos ríos Xarío, Baxoi, Lambre e Mandeo”.

Proxecto solicitado en base á Orde da Consellería do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ó abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas ós grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

A súa finalidade é obter os estudos técnicos de información sobre os leitos destes ríos nos seus estuarios e nas zonas de contacto co territorio do litoral de Miño e Paderne cara a unha maior protección (cara Rede Natura ou similar segundo as súas posibilidades de integración coa Reserva da Biosfera) e potenciación do seu aproveitamento marisqueiro, turístico e de lecer, a través dun modelo sustentable e integrado co desenvolvemento urbano dos dous concellos.

© 2013 Concello de Paderne