A RESERVA DE BIOSFERA DESEÑOU UN PLAN PARA O CONTROL DO CANGREXO AMERICANO NO EMBALSE DE ABEGONDO - CECEBRE

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo leva un tempo desenvolvendo un plan para o control da especie invasora, o cangrexo americano, que está a afectar tanto á fauna como á flora propias da zona.

A través deste plan, trátase de buscar un equilibrio medioambiental minimizando os danos que está a causar e garantir así a biodiversidade que se está a ver ameazada por esta especie invasora tan perigosa.

A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, foi recibida polo Presidente da Reserva e Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, no entorno do observatorio de aves de Crendes. Estaban presentes tamén a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, o Xerente, Jorge Blanco, e o Director do Ceida, Carlos Vales, así como o persoal técnico que desenvolve o programa.
Mediante o emprego de nasas con cebo captúrase aos cangrexos invasores en diferentes puntos do entorno do embalse, nas zonas detectadas de maior densidade de poboación colocándose a última hora da tarde e recolléndose tras unhas 17 horas na auga.

Con este sistema, lévanse retirado uns 1.000 exemplares. Aumentando as capturas estes días dado que se trata dunha especie que hiberna nos meses fríos. 

A investigación representa unha gran importancia para o programa e, con este fin,  cóntase coa colaboración das Cátedras da Universidade da Coruña con Emalcsa e Hijos de Rivera. Os biólogos están analizando, por un lado, si os cangrexos teñen patóxenos que poidan transmitir enfermidades e, polo outro, en ver os efectos de destrución de taludes que causa esta especie, creando galerías  e removendo sedimentos que poderían xerar contaminantes emerxentes que afecten ao medio acuático.