CONTRATACIÓNS PARA O SERVIZO DE LIMPEZA E DESBROCE
O Concello de Paderne ven de realizar a contratación de dous tratoristas por un período de nove meses, de xuño de 2022 ata marzo de 2023, para o servizo de limpeza e desbroce dentro do termo municipal.
Estas contratacións realízanse a través dunha subvención para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL) por un importe de 27.940 €.