CONTRATACIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS

O Concello de Paderne e a través do programa Pel-Concellos 2022 da Deputación da Coruña de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na liña 1.1 do plan de emprego local (PEL- CONCELLOS 2022).

Así, mediante unha axuda de 25.000 €, ven de realizar a contratación de tres peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais por un período de cinco meses e vinte e dous días.