CONTRATACIÓN DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS POS+2019
Con un presuposto de 99.427,81 €, o Concello de Paderne realizou a contratación das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos POS+2019 que inclúen a mellora e pavimentación das seguintes vías e camiños:
- Núcleo urbano de A Lameira
- Camiño público Cruceiro
- Camiño público Telleiro
- O Francés
- Campeiro-Caserón
- Camiño de Xebedo
- Camiño da Puceira
- Núcleo urbano de Lambre
- Lambre-Mámoas
- Camiño da Fonte, Insua
- Tixoso-Ponte do Pedrido
- Insua-Hurmeiro
- Núcleo urbano da Aldea de Arriba, Insua
Unha importante actuación coa que o Equipo de Goberno quere mellorar as parroquias e o seu entorno reparando os danos que o paso do tempo foi producindo nestas vías.