CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Paderne é un dos 88 concellos da provincia adheridos á campaña “De Fronte” da área de Igualdade da Deputación da Coruña.

O obxectivo da campaña é o de contribuír a poñerlle freo á violencia machista xerando un amplo movemento social para crear conciencia de igualdade e plantarlle cara ao feminicidio.

Co fin de dar visibilidade a este problema, o día 26 de novembro ás 19.30 h. organízase un acto no Salón do Centro de Maiores da Casa Consistorial; a este acto están convidadas tódalas persoas do Concello previa inscrición, xa que por motivos do COVID, deberemos gardar os controis e distancias de seguridade necesarios.