PADERNE: CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO NA RESERVA DA BIOSFERA

O día 21 de febreiro os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Paderne, van a participar nunha xornada que o Concello organiza para eles na Aula da Ría de Chantada e o Observatorio de Aves de Souto.

O seu obxectivo é o de fomentar os valores de respecto, coidado e compromiso desde as primeiras idades a través dunha serie de actividades que os leven a establecer relacións profundas e afectivas co medio ambiente.

A actividade estará centrada na identificación das especies máis comúns na zona, desde a súa observación nun entorno único da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Observaremos a marisma e as diversas especies acuáticas e migratorias que habitan un ecosistema de gran valor ecolóxico achegando ós pequeniños ó coñecemento do medio; intentaremos recoñecer a maior cantidade de especies posible coa utilización de prismáticos e telescopio.;

© 2013 Concello de Paderne