CONSERVACIÓN DO CAUCE FLUVIAL DO “REGO DE CARAÑA”
En breves datas vaise a proceder á limpeza e conservación do Rego de Caraña, unha pequena canle fluvial que discorre polas parroquias de Obre e Tiobre nos respectivos concellos de Paderne e Betanzos.
A súa limpeza con ferramentas mecánicas (motoserras, desbrozadoras, tractores e ferramentas manuais), onde así o requiran as condicións de acceso ao regato, é imprescindible para o mantemento do entorno e a conservación da súa canle natural libre de malezas e desprendementos de árbores, que co tempo se foron acumulando, e poden causar anegamentos ante choivas intensas.
O desenvolvemento destas actuacións corresponde a Augas de Galicia, organismo con competencias para desenvolver actuacións de Conservación Fluvial no Dominio Público Hidráulico da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.