SEVIZO DE CONCILIACIÓN CAMPAMENTO 2023
O Concello de Paderne ten todo disposto para comezar co Programa de CAMPAMENTO 2023.
Consiste no desenvolvemento de actividades deportivas de ocio e tempo libre, que se levarán a cabo en horario de 8.30 a 14.30 nos meses de xullo e agosto.
Actividades: Kayak, bicicleta, orientación deportiva, xogos populares, multideporte e aventura, ginkanas ... acompañados de técnicos deportivos animadores de tempo libre.
As actividades realizaranse no pavillón polideportivo municipal e na Praza dos Desamparados de Souto.
Poderán participar no programa nenos e nenas de entre 9 e 12 anos; no caso de quedar prazas vacantes, poderán acceder nenos/as de 12 a 16 anos.
O prazo de inscrición é ata o día 7 de xuño.
Poden consultarse as bases no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne