CONCERTO DE NADAL
Un clásico destas datas, é o Concerto de Nadal que desde fai varios anos se ven realizando en Paderne.
Presidido polo Alcalde acompañado polo seu Equipo de Goberno, este acto enche de público o Salón de Sesións da Casa Consistorial para disfrutar do repertorio que Mijail Moriatov ofrece cada ano por estas datas.
Un momento moi especial no que, tanto a música clásica como a música contemporánea, se unen para deleitar ós veciños que en cada unha das súas edicións se emocionan con esta convocatoria.