CONCERTO DE NADAL E FIN DE ANO

O Concello de Paderne despide o ano cos concertos de Nadal e Fin de ano. Uns eventos que veñen a clausurar tamén a programación cultural de Paderne poñendo, ano tras ano o broche musical nestas sinaladas datas.

O Alcalde aproveita o momento para desexar ós veciños que acoden unhas boas festas cheas de paz, saúde e traballo para todos.

Os músicos Federico Álvarez e Mijail Moriatov respectivamente, foron os encargados de dirixir cada un destes concertos que se transformaron xa en citas obrigadas  para as xentes do Concello.