PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

 

Paderne incorpórase novamente ó programa de compostaxe doméstica de SOGAMA co obxecto de poder alcanzar os beneficios ambientais, económicos e sociais derivados do mesmo reducindo así as emisións de CO2 procedentes da recollida e transporte de lixo, toda vez que esta se verá minorada en gran medida debido a que a fracción orgánica dos refugallos, acabará convertida en compost nas propias vivendas unifamiliares participantes, completando así o seu ciclo de recuperación e reciclaxe.

Con esta experiencia, recupérase unha práctica tradicional no medio rural como é a separación da materia orgánica, ben para o alimento do gando, ben para a elaboración do compost.

A empresa proporcionou ó Concello de Paderne 25 composteiros co fin de repartilos entre outras tantas vivendas unifamiliares que dispoñan de horta, xardín e/ou terras de cultivo, propiciando con isto que o proceso a desenvolver nos fogares resulte máis cómodo, hixiénico e eficiente.

O Alcalde de Paderne, comprometido como está co medio ambiente, segue a tomar medidas de protección do mesmo a fin de acadar os obxectivos marcados en cada unha das lexislaturas nas que a reciclaxe, a recollida selectiva e o coidado e respeto polo entorno son piares fundamentais en cada actuación a desenvolver.

© 2013 Concello de Paderne