NOMEAMENTO COMO VOGAL DO COMITÉ ESPAÑOL DO PROGRAMA MaB DA UNESCO

Neste mes de outubro o Alcalde de Paderne, César Longo, pasou a ser nomeado como vogal do Comité Español do Programa MaB da UNESCO a proposta da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP.


O Comité Español do Programa MaB da UNESCO é un órgano colexiado de natureza consultiva que está integrado dentro do conxunto de grupos de traballo conformados no marco da Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, que é a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura coa súa sé en París.


O Programa MaB “Persoa e Biosfera” é, desde o seu establecemento a principios dos anos 70, un interesante instrumento para formular criterios e exemplificar un novo modelo de relación entre o ser humano e a natureza avalando políticas de uso racional e desenvolvemento sostible como, por exemplo, as Reservas da Biosfera.


As súas funcións son:

  • Informar das propostas de declaración de novas Reservas da Biosfera 
  • Realizar propostas e avaliacións periódicas establecidas pola UNESCO sobre o estado das Reservas de Biosfera
  • Promover criterios obxectivos que permitan o establecemento de prioridades para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Reservas da Biosfera
  • Recoller información sobre o grao de execucións dos programas de actuación nas Reservas de Biosfera.