CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “AUTONOMÍA E INCLUSIÓN: FORMACIÓN, EMPREGABILIDADE”

Este pasado día 20 de novembro, O Alcalde de Paderne, César Longo, participou xunto cos alcaldes de Abegondo, Betanzos, Carral e Coirós, na clausura do obradoiro de emprego “Autonomía e inclusión: formación e empregabilidade” que, nas especialidades de “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade” e “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, posibilitou o emprego/formación de 20 alumnos de tódolos concellos participantes.
Clausurado pola Alcaldesa de Betanzos, contou tamén coa presenza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia e tódolos alumnos e profesores que durante estes meses formaron parte do mesmo.
O Concello de Paderne segue a traballar para manter a colaboración cos outros concellos da zona e así seguir proporcionando estas posibilidades para as persoas de Paderne en situación de desemprego.