CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “FORMACIÓN PARA A EMPREGABILIDADE”

O Alcalde de Paderne, César Longo,  participou no acto de clausura do Obradoiro de Atención Sociosanitaria e na entrega de diplomas aos alumnos/as participantes que se realizou este pasado día 20 de setembro en Betanzos. Os Alcaldes de Abegondo, Carral e Coirós, ademais da Alcaldesa de Betanzos, municipio anfitrión, estiveron no acto apoiando e felicitando ás persoas participantes dos seus respectivos municipios.

Este obradoiro, en participación conxunta entre os concellos de Betanzos, Abegondo, Carral, Paderne e Coirós, formou a un total de 20 alumnos/as por un período de 9 meses acreditando a súa formación con certificados de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas no domicilio e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Ademais realizaron módulos transversais en prevención de Riscos Laborais, alfabetización Informática, sensibilización ambiental, sensibilización en igualdade de xénero, orientación laboral e formación empresarial.

Un importante programa mixto de emprego e formación dirixido a persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e  cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social que habilita aos seus integrantes para traballar en calquera dos centros de atención sociosanitaria para persoas dependentes, ou en calquera servizo de axuda no fogar. Isto ven a reforzar a labor que o Concello está a facer na busca de recursos que faciliten a inserción laboral dos seus habitantes.