CLAUSURA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O acto de clausura tivo lugar o 20 de xuño no Salón de Sesións da Casa do Concello. O Alcalde convocou a tódolos nenos inscritos que participaron de setembro a xuño na oferta educativa e deportiva ofrecida durante o curso escolar.

Tódolos nenos do Concello de 3 a 16 anos puideron beneficiarse dunha ampla oferta que, de xeito gratuíto, viña a contribuír á súa formación reforzando os contidos educativos impartidos nos seus respectivos centros escolares.

Así, inglés, matemáticas, lengua e lingua para cada un dos ciclos e niveis educativos, formaron parte da oferta deste curso escolar. 

A formación nas novas tecnoloxías, parte importante do desenvolvemento da sociedade actual, estaba contemplada cos cursos de informática que con gran éxito veñen xa a ofrecerse desde fai varios anos.

Tampouco podía faltar o deporte coas clases de fútbol sala, baloncesto, bádminton e patinaxe.

Coa entrega dos diplomas o Alcalde rematou esta tempada desexando ós rapaces unhas boas vacacións e coa promesa de seguir apostando por este importante esforzo que beneficia, tanto ós nenos e nenas que asisten, como ás familias.