CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

O alcalde do concello de Abegondo José Antonio Santiso, do concello de Bergondo Alejandra Pérez, de Betanzos María Barral, de Coirós Francisco Quintela, de Oza-Cesuras Pablo González, de Paderne César Longo, de Sada Benito Portela e o concelleiro de Voluntariado e Traballo de Carral Jesús Javier Cetina, estiveron este 22 de setembro en Abegondo no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Reserva de Biosfera: Emprego Forestal”.

Contando cunha financiación de 345.946 € da Consellería de Emprego e Igualdade, un total de 20 alumnos estiveron formándose durante nove meses nas especialidades de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”.

Estas importantes iniciativas están a proporcionar, a nivel xeral, cualificación profesional ás persoas que participan e, no caso concreto deste obradoiro, para un sector cunha gran demanda de emprego, tal e como sinalou José Antonio Santiso no acto de clausura.

César Longo segue a traballar co alcaldes dos concellos da zona para continuar impulsando estas iniciativas que, desde a Reserva da Biosfera, constitúen importantes logros para o territorio.