CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ÁRTABROEMPRENDE II”

A clausura do Obradoiro de Emprego “Ártabroemprende II” tivo lugar o pasado 22 de xullo no Concello de Miño, concello coordinador. 
Este obradoiro realizouse en colaboración conxunta entre os concellos de Miño, Monfero, Pontedeume, Cabanas e Paderne.

Durante nove meses estivo formando a un total de 20 persoas no mantemento de xardíns, zonas verdes e limpeza de instalacións industriais realizando a formación en varios puntos dos concellos participantes.

A importancia dos obradoiros de emprego ven dada pola ampla demanda que existe nas especialidades que ofertan así como pola elevada posibilidade de inserción laboral unha vez completada esta formación.