CLAUSURA DAS AULAS DE CONCILIACIÓN

O Concello de Paderne clausurou, as Aulas de Conciliación que durante os meses de verán estiveron prestando un importantísimo servizo ás familias do Concello con menores nas que os pais e nais traballan.

Un servizo de atención especializada que facilita a conciliación da vida familiar e laboral e que permite ós pais e nais deixar ós seus fillos durante as horas da mañá ó coidado dunha persoa especializada.

Os nenos e nenas participantes recibiron a visita do Alcalde co que estiveron charlando sobre as actividades que durante estes dous meses realizaron.

Nesta xornada de clausura, os pequeniños disfrutaron dunha sesión de conta-contos que os mantivo moi entretidos durante unha boa parte da mañá; e, como broche final, todos eles recibiron un diploma participativo de recordo de mans do concelleiro de Benestar Social.

Foron 20 os menores de entre 3 e 12 anos que se beneficiaron deste servizo que puxo en marcha o Concello que, ademais de prestarlles as atencións e coidados necesarios, facilita a súa socialización con outros pequeniños de Paderne.

© 2013 Concello de Paderne