CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ARTABROEMPRENDE”


Este 27 de setembro tivo lugar en Miño o acto de clausura da primeira edición do obradoiro dual de emprego “Artabroemprende”, un proxecto conxunto entre os concellos de Miño, Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume.

Para a súa realización, contouse cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade. Durante 9 meses, un total de 20 alumnos/as recibiron emprego e formación nos módulos de mantemento de xardíns e limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.

O Alcalde de Paderne, César Longo, que estivo no acto, xunto cos alcaldes dos outros municipios participantes, segue apostando por este tipo de iniciativas que están a proporcionar oportunidades laborais ás persoas que participan.