CLAUSURA DE ACTIVIDADES DE ADULTOS DO CONCELLO DE PADERNE CURSO 2017-2018

O próximo 1 de xuño, o Concello de Paderne, ten prevista a realización da clausura das actividades de adultos que durante estes meses se impartiron nos distintos locais municipais.

Os cursos tiveron unha duración de nove meses, de setembro a maio, e contaron cun total de asistentes de cento corenta persoas de idades moi diferentes.

A oferta foi variada e ampla; os veciños de Paderne tiveron a oportunidade de asistir a clases de: aeróbic, cerámica e barro , cociña, coiro, corte e confección, informática, labores, pilates, pintura e manualidades e ximnasia.

A celebración realizarase no local de Vilamourel ás 20:30 horas. O Alcalde , xunto cos concelleiros, os alumnos e monitores dos distintos cursos desfrutarán dunha pequena demostración do moito que se aprendeu durante estes meses de actividades.

Para rematar, está organizada unha cea baile nun restaurante da zona á que poden asistir tódalas persoas que participaron nas actividades. O concello pon a disposición dos asistentes un autobús para desprazarse ata o mesmo. O prazo para anotarse é ata o día 29 de Maio.