Clausura de actividades de adultos do Concello de Paderne curso 2018-2019
O próximo 31 de Maio o concello ten organizado a festa de final de curso das actividades de adultos que durante estes meses se impartiron nos distintos locais municipais.
Os cursos tiveron unha duración de nove meses, de setembro a maio, e contaron cun total de asistentes de cento sesenta e seis persoas de idades moi diferentes.
A oferta foi variada e ampla; os veciños de Paderne tiveron a oportunidade de asistir a clases de: cerámica e barro , cociña, coiro, corte e confección, informática, labores, memoria, música, pilates, pintura e manualidades , ximnasia e golf.
No local de Quintas as 20:00 horas terá lugar a celebración na que alcalde , xunto cos concelleiros, os alumnos e monitores dos distintos cursos desfrutarán dunha pequena demostración do moito que se aprendeu durante este ano académico.
A xornada remata cunha degustación no mesmo local social, que esperemos sexa do agrado de tódolos presentes.