CLAUSURA DE ACTIVIDADES DE ADULTOS DO CONCELLO DE PADERNE CURSO 2016-2017
O próximo 16 de xuño o Concello de Paderne vai a realizar a festa de final de curso das actividades de adultos que durante estes meses se impartiron nos distintos locais municipais.
Os cursos tiveron unha duración de nove meses, de setembro a maio, e contaron cun total de asistentes de cento setenta persoas de idades moi variadas.
A oferta foi moi ampla; os veciños de Paderne tiveron a oportunidade de asistir a clases de: baile, cerámica e barro, cociña, coiro, corte e confección, informática, labores, pilates, pintura e manualidades e ximnasia.
No local de Quintas ás 20:30 horas terá lugar a celebración na que o Alcalde , xunto cos concelleiros, os alumnos e monitores dos distintos cursos desfrutarán dunha pequena demostración do moito que se aprendeu durante este ano académico.
E para rematar a celebración, temos organizada unha cea baile nun restaurante da zona. O concello pon a disposición dos asistentes un autobús para desprazarse ata o mesmo. O prazo para anotarse é ata o día 13 de xuño.