XI ASEMBLEA EN LOGROÑO DA REDE ESPAÑOLA DE CIDADES POLO CLIMA (RECC)

Os días 2 e 3 de novembro, o Alcalde de Paderne, César Longo, participou en Logroño na XI Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima que é unha sección da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) formada por Gobernos Locais que están a integrar nas súas políticas accións encamiñadas á mitigación do cambio climático.

Durante estes días, ademais de presentarse os proxectos seleccionados nos catro grupos de traballo da Rede (Adaptación – Economía Circular – Mobilidade e Rehabilitación – Eficiencia Enerxética) e as diferentes propostas para o 2018, tamén se desenvolveron talleres sobre a adaptación ó cambio climático co apoio da Oficina Española de Cambio Climático.

En todos eles, o Alcalde participou activamente intercambiando información cos representantes dos outros municipios españois. Aproveitou tamén para recoller as propostas que mellor se adaptan a Paderne comprobando que, independentemente da poboación, as medidas de aforro de enerxía adoptadas polo Concello de Paderne tales como o cambio de farolas no alumeado público a unhas de baixo consumo ou as campañas de concienciación sobre reciclaxe e a separación de residuos e a compostaxe, veñen a demostrar o interese, que desde fai tempo, se ven mostrando en Paderne por políticas a favor do medio ambiente.

© 2013 Concello de Paderne