CATA DE VIÑOS NO CONCELLO DE PADERNE

VIÑOS CON INDICACIÓN XEOGRÁFICA

PROTEXIDA DIRIXIDA POR LUÍS PAADÍN PARA A GUÍA DE VIÑOS DE GALICIA

PARTICIPAN OS MÁIS DESTACADOS SUMILLERES DA COMARCA

O vindeiro luns día 10, a partires das 10:00 h, no Concello de Paderne terá lugar a celebración dunha cata de calificación de viños das II.GG.PP. (Indicacións Xeográficas Protexidas) Betanzos e Barbanza-Iria, así como os viños da comarca Negueira de Muñiz. Todos eles co nexo común da variedade ancestral “Branco Lexítimo”.

A cata estará dirixida por Luís Paadín, director da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2017, e celébrase explícitamente para a clasificación e puntuación dos viños en dita Guía de Viños.

Por elo, e para esta ocasión, Paadín, autor da prestixiosa Guía, rodeouse dun excepcional panel de catadores. Acreditados sumilleres dos máis representativos restaurantes da comarca; a saber:

  • Alejandro Paadín, do Restaurante Alborada de A Coruña
  • Bruno García, do restaurante A Estación de Cambre
  • Juan Dorado, do Restaurante El Refugio de Oleiros
  • Juan Pedro García, do restaurante Miga de A Coruña
  • Manuel Casal, do Restaurante A Cabana de Fiobre – Bergondo 
  • Manuel Otero, do Restaurante Bido de A Coruña
  • Pedro Vázquez, do Restaurante Mesón de Herves de Herves – Carral