O VICEPRESIDENTE DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO, PRESENTOU UN CATAMARÁN ELÉCTRICO PIONEIRO EN GALICIA

O Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, presentou esta embarcación o pasado venres día 23 de marzo no muelle de Betanzos acompañado pola Alcaldesa de Betanzos, María Barral, a Alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez e o Alcalde de Miño Manuel Vázquez, alcaldes e alcaldesas dos concellos bañados polo río Mandeo, eixe central das rutas que a Reserva vai a ofrecer desde a súa central de reservas.

En consonancia cos principios que defende, a Reserva de Biosfera, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dispón ahora deste catamarán 100% eléctrico e accesible para persoas con problemas de mobilidade. Servirá para disfrutar  e coñecer o variado patrimonio natural da zona desde unha perspectiva de ecoturismo, tal e como salientou César Longo no acto de presentación.

Xestionadas pola empresa de Perbes A-02 Velas, as rutas realizaranse pola ría de Betanzos, o río Mandeo ata Os Caneiros, pola costa de Paderne, costa de Miño, Sada e Bergondo cunha capacidade para 7 ou 8 ocupantes e espazo para unha cadeira de rodas.

Con esta interesante e pioneira iniciativa, os visitantes poderán disfrutar das maravillas que ofrece o entorno, da súa paisaxe, da súa fauna e flora combinando a actividade con maridaxes a bordo e rutas por terra, todo dentro da estratexia de ecoturismo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.