CATA NO CONCELLO DE PADERNE
Centrada na variedade “Branco Lexítimo”, realizouse este pasado día 10 de outubro, no Concello de Paderne, unha cata de calificación de viños das II.GG.PP. (Indicacións Xeográficas Protexidas) Betanzos e Barbanza-Iria, así como dos viños da comarca de Negueira de Muñiz.
Esta cata, que contou coa presencia do Alcalde de Paderne César Longo, estivo dirixida por Luís Paadín, un dos profesionais españois máis prestixiosos do sector e director da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2017.
Celebrada co obxectivo da clasificación e puntuación dos viños presentados para dita Guía de Viños na que aparecen a totalidade das adegas galegas, amparadas por denominación de orixe, e na que se referencian a máis de 1.500 viños e destilados e máis de 500 fichas de cata.
Figurando entre as 5 mellores guías do mundo contou, para a ocasión, con un excepcional panel de catadores e sumilleres da comarca que foron puntuando cada un dos caldos presentados.
Os sumilleres encargados de catar estes viños foron Alejandro Paadín do Restaurante Alborada de A Coruña, Bruno García do Restaurante A Estación de Cambre, Juan Dorado do Restaurante El Refugio de Oleiros, Juan Pedro García do Restaurante Miga de A Coruña, Manuel Casal do Restaurante A Cabana de Fiobre-Bergondo, Manuel Otero do Restaurante Bido de A Coruña e Pedro Vázquez do Restaurante Mesón de Herves de Carral.