CARREIRA-TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO – PADERNE

Primeira carreira por montaña a desenvolver por sendas, camiños e pistas do termo municipal de Paderne o día 2 de xullo de 2017 (segundo día da Mostra).

A organización ten previsto un elevado número de inscricións tal e como xa sucedeu en anteriores edicións dando a coñercer, deste xeito, os distintos lugares de Paderne.

Os viñedos e sendas do Concello terán un lugar destacado neste recorrido no que o Branco Lexítimo e o deporte cobran un papel protagonista na Mostra do Branco Lexítimo a celebrar os días 1 e 2 de xullo.

Consta de varias distancias; unha longa de 21 km, unha curta de 11 km e unha infantil de 1,5 km.

A hora de saída será ás 10:00 h e a hora de peche da meta (no Campo de O Telleiro) ás 14:00 h.

A data límite para inscribirse é o 30 de xuño.

Información e inscricións en: www.tracktherace.com

© 2013 Concello de Paderne